Estamos a probar o novo teclado para Android que acabamos de baixar do choio que ese que ven de chamarse algo como play non sei cantos.
Xoves, 22 Agosto 2013
Mércores, 7 Outubro 2009
Mércores, 20 Maio 2009
Castro de Elviña, xacemento aberto
Xacemento aberto. Como ciruxanos da historia abrimos o corpo do Castro de Elviña, escavámolo, para coñecer o seu pasado, o noso pasado. Pero tamén está aberto para vostedes, porque a arqueoloxía como actividade, e os fondos que a ela se adican, non ten senso se non pode ser contemplada, coñecida, comprendida e gozada pola cidadanía a quen pertence.
Esta non é unha páxina oficial. É un primeiro intento de pór a disposición de todos, por parte da equipa que está a traballar en Elviña, neste medio aínda novo e tan cambiante que é a rede, o xacemento e a intervención que sobre él estamos a realizar.
Temos a espranza de sermos no campo menos torpes que por aquí. De momento abrimos, e ben contentos que estamos de ser quen de facelo.
Abrimos, e facémolo con esta imponente foto de J.M. Vázquez Caruncho, o noso fotógrafo de cabeceira, na que luce baixo un sol que se nos nega a entrada W ó recinto superior, a croa, rodeada por unha muralla de máis de catro metros e medio de groso e que debeu contar, no seu tempo, con outro tanto de altura polo menos.
Xa estamos en ruta. O resto do camño andarémolo ós poucos e, se vostedes queren, na súa compaña.
¿Imos aló?
¿Qué podes facer aquí?
Estamos na páxina de inicio. Dende ela podes acceder a diferentes lugares nos que atoparás, se somos quen de conseguilo, informacións sobre o castro e as nosas intervencións. Entre outras:
- un mapa/foto aérea (en GoogleMaps), gracias a Luar na Fraga
- cómo visitar o Castro
- facer unha visita virtual
- o día a día da campaña de escavación en curso (no noso blog)
- presentación da equipa de traballo
- artículos publicados sobre o Castro de Elviña
Por suposto, podes enviarnos as túas suxerencias para millorar este intento de comunicación que, entre todos, iremos construindo.